martes, 5 de abril de 2016

BOINA PRIMAVERAL

Esta boina chega coa primavera, é moi lixeira e fresquiña por estar feita de la merina e seda enfeltrada coa técnica do feltro " Nuno" (palabra xaponesa que significa tela).

Nesta técnica as fibras soltas de la dispóñense encima dunha tela fina,  neste caso seda, creando un feltro lixeiro. As fibras poden cubrir completamente o fondo de tea, como nesta boina, ou ser empregados como elementos decorativos.

O proceso de feltrado Nuno é especialmente axeitado para crear tecidos lixeiros.  


Ningún comentario:

Publicar un comentario